Escoitar

A Policía Local especialízase para identificar falsificacións de billetes e moedas de curso legal

A Policía Local de Vigo recibe formación especializada para identificar as fasificacións de billetes e moedas de curso legal baixo as directrices de especialistas financeiros do Banco de España que se desprazaron a Vigo para impartir e explicar os métodos utilizados para a detección das fraudes monetarias.

mércores, 29 mai 2024

O alcalde explicou este martes que 70 axentes da Policía Local de Vigo adquiren coñecementos “exahustivos moi importantes nas medidas de seguridade que teñen os propios billetes e moedas” para detectar de forma rápida e segura as falsificacións e, deste xeito, responder con de forma áxil e rápida ás consultas que presente a cidadanía sobre a posible fraude monetaria.

Abel Caballero incidiu en que tamén reciben formación sobre as fraudes bancarias máis frecuentes, “porque queremos á cidadanía unha atención profesional e eficaz”.

O rexedor indicou que os cursos nos que participan axentes de Vigo enmárcanse o obxectivo de contar con “policía con formación profesional que xa teñen” e con especialización en materias como a identificación de billetes e moedas falsificados.

Descargar todas as imaxes