Escoitar

O Gran Premio Ciclista de Teis disputará a súa 32ª edición o domingo 7 de xullo

O rexedor sinalou que se trata dunha carreira “federada” da “máxima importancia” para Vigo. A proba disputarase dende as 10:30 horas, organizada polo Club Ciclista Teis, en colaboración co Concello de Vigo.

venres, 28 xuñ 2024

O alcalde presentou esta mañá o 32º Gran Premio Ciclista Teis - Memorial Pablo Moreiras, acompañado da concelleira, Olga Alonso, do presidente e a directiva, José Antonio Ramos e Espe Simón, e do representante da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez.

Caballero sinalou que “é a proba máis tradicional no barrio, que se celebra sen fallar un año desde a súa fundación”. A proba federada está deseñada para as categorías de escolas (desde nenos de dous anos e medio de idade ata os de 16 anos): Principiantes, promesas, alevíns, infantís e cadetes.

O evento, co seu epicentro no mercado de Teis, contará con 300 participantes, o tope fixado pola organización, representado a práctica totalidade dos clubs do pelotón galego. O alcalde rematou sinalando que “con esta proba arrinca a tempada ciclista de verán na cidade”.

Descargar todas as imaxes