O Concello garante O Marisquiño en Vigo cunha subvención dun millón de euros
O festival volve a Vigo o 8, 9, 10 e 11 de agosto para volver a converter a cidade no epicentro mundial dos deportes de acción e cultura urbana. Abel Caballero e Carlos Domínguez asinaron esta mañá o convenio polo que o Concello achega un millón de euros á organización deste gran evento.
O alcalde e o director de O Marisquiño asinaron esta mañá o acordo polo que o Concello achega un millón de euros para á organización deste evento. Durante os días 8, 9, 10 e 11 de agosto, Vigo volverá ser epicentro mundial dos deportes de acción e cultura urbana e, como en anteriores edicións, a praia de Samil repetirá como centro neurálxico do festival, aínda que haberá actividades noutras zonas da cidade.
Caballero afeou ao resto das administracións que non cooperen con este evento financiado “exclusivamente” polo Concello.