Escoitar

“Cantajuego”, primeira proposta infantil para Castrelos, o 12 de agosto

O alcalde avanzou este luns a actuación do grupo musical infantil que cumpre 20 anos de traxectoria sumando éxitos entre as familias. Será o primeiro concerto infantil das festas de verán 2024.

luns, 1 xul 2024

O Concello suma unha nova proposta ao cartel dos concertos de verán en Castrelos coa actuación do grupo de música infantil “Cantajuego” que traerá á cidade o espectáculo “20 anos - O musical familiar” onde recompilan dúas décadas de éxitos.

O alcalde apuntou que o concerto infantil terá unha duración de 80 minutos con música, baile e diversión, nunha proposta que ten acadado un “gran éxito entre as familias de España”, congregando a máis de 2 millóns de espectadores en 130 cidades.

Con esta confirmación, o cartel de concertos no Auditorio de Castrelos queda como segue:

-Dani Fernández (13 de xullo)

-Coral Casablanca (20 de xullo)

-Luis Fonsi (23 de xullo)

-Sen Senra (25 de xullo)

-Luz Casal (2 de agosto)

-Aitana (3 de agosto)

-UB40 (7 de agosto)

-Ópera Rigoletto (9 agosto)

-Víctor Manuel (14 de agosto)

-Vetusta Morla + Xoel López (16 de agosto)

-Melendi (17 de agosto)

-Concertos infantís: Cantajuego (12 de agosto)

Descargar todas as imaxes