O cemiterio de Pereiró contará cun espazo ecolóxico para o enterro das cinzas
O alcalde anunciou a licitación para a remodelación do interior do cemiterio de Pereiró que dotará ao camposanto dunha zona ecolóxica para o enterro das cinzas.
A Xunta de Goberno aprobou a licitación da obra de remodelación do interior do cemiterio de Pereiró, que contará cun espazo ecolóxico para o enterro das cinzas en cinceiros biodegradables.
Segundo explicou o alcalde, o cemiterio-xardín terá unha área para cerimonias e reunións, cunha mesa en pedra para colocar as cinsas, bancos e un espazo para escribir mensaxes. Ao lado vai instalarse unha zona para depósito das cinzas cuberta de áridos e un sistema de rego que facilita a filtración dos restos. Amais, estará permitido o enterro de urnas biodegradables.
Humanización da rúa Roupeiro en Matamá
Abel Caballero tamén informou que a Xunta de Goberno licitou a humanización para a mellora peonil do camiño Roupeiro en Matamá.
Con esta obra humanizarase medio quilómetro de rúa “porque queremos que os peóns teñan un mellor tránsito”, dixo o rexedor. Amais, haberá nova pavimentación, renovación de pluviais, e a instalación dunha varanda nun muro que será reforzado na obra.