Noticias Axenda

Deportes

  • Deportes

O goberno de Vigo adicará un millón de euros a melloras no estadio de Balaídos

luns, 16 dec 2013

O alcalde explicou este luns que o Concello reparará os contrafortes da grada de Río, substituirá a cuberta e arranxará os soportes da mesma, e mellorará os accesos e a iluminación da nomeada área. O goberno local reserva un millón para Balaídos dos seis disponible grazas ao superávit conseguido no ano 2012.

  • Deportes

Vigo acollerá un torneo europeo clasificatorio para o Mundial de fútbol sub-19

venres, 13 dec 2013

O alcalde congratulouse este venres da decisión da Federación, a petición do Real Club Celta co apoio do Concello de Vigo. España, Alemaña, Lituania e Dinamarca xogarán un cuadrangular en Balaídos en maio no que o vencedor acadará o pase directo ao Mundial sub-19.

1386592685deportes.JPG
  • Deportes

A oitava edición da Subida ao Castro amplía a tres quilómetros o seu percorrido

luns, 9 dec 2013

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e Guillermo Janeiro, pola organización, presentaron hoxe luns a oitava edición desta proba de atletismo, que terá lugar este domingo, 15 de decembro. A Subida, unha "homenaxe á orografía da cidade", engade un quilómetro máis ao seu percorrido tradicional. A inscripción, aberta ata o xoves na web do evento.

1385733411karate.JPG
  • Deportes

Manel Fernández salienta a "repercusión e calidade" do Trofeo Cidade de Vigo de karate

venres, 29 nov 2013

O concelleiro de Deportes presentou este venres o evento co presidente do club Zanshin de Vigo, organizador do mesmo. A cita, que acada a súa décimo quinta edición, terá lugar mañá sábado, 30 de novembro, no pavillón municipal do Berbés.

1385641636nadadora.JPG
  • Deportes

O alcalde felicita á viguesa Alicia Conde, que competirá no Campionato de España de piscina curta

xoves, 28 nov 2013

Caballero fixo entrega este xoves da bandeira da cidade á nadadora viguesa, que, con so 15 anos, acudirá ao Campionato de España de piscina curta en Castellón, onde competirá contra as mellores do país. O alcalde afirmou que entrena en Teis "a mellor nadadora de Galicia deste momento".

1385641593corte.JPG
  • Deportes

Caballero traslada a "inmensa satisfacción" da cidade polo centenario do Rápido de Bouzas

xoves, 28 nov 2013

O alcalde participou este xoves na presentación en El Corte Inglés do centenario do club, "cen anos de deporte, de paixón, de calidade e de convivencia" que Caballero quixo "felicitar" no nome da cidade. Salientou ademais o traballo do Rápido cos máis pequenos, desde as categorías inferiores ata o primeiro equipo.

1385557211deporte.JPG
  • Deportes

O Concello oferta formación sobre fiscalidade, recursos humanos e xestión ás entidades deportivas

mércores, 27 nov 2013

Responsables de entidades deportivas da cidade poderán acceder á formación sobre fiscalidade, recursos humanos e xestión administrativa grazas a unhas xornadas organizadas polo Concello co obxectivo de facilitar o funcionamento dos distintos clubes da cidade. As sesións serán os tres primeiros luns de decembro no Museo Verbum.

  • Deportes

O Concello adxudica as obras do polideportivo de Navia que creará 60 postos de traballo durante a súa construcción

mércores, 27 nov 2013

Abel Caballero deu conta da adxudicación das obras do novo polideportivo de Navia á empresa Civis Globa que xerarán 60 postos de traballo durante o periodo de construcción. O alcalde detallou que o complexo contará con varias piscinas, 8 pistas de pádel, campo de fútbol 7 e pista polideportiva, entre outros servizos.

1385124532belarmino.JPG
  • Deportes

O Concello patrocina o Memorial Belarmino Alonso, a competición de campo a través máis antiga de Galicia

venres, 22 nov 2013

O próximo domingo, 24 de novembro, celebrarase a 35ª edición da proba, xunto ao campo de fútbol da Xunqueira, en San Andrés de Comesaña. Iniciado en 1978 como homenaxe ao directivo do Comesaña Sporting Club falecido un ano antes, o Memorial, descontando o campionato galego, é a competición de campo a través máis antiga de Galicia.

1383743263vide.JPG
  • Deportes

Os Premios VIDE distinguen ao Real Club Celta de Vigo polo seu 90 aniversario

mércores, 6 nov 2013

O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, entregaron este mércores os galardóns da Fundación e os carnés Siareiros aos patrocinadores e colaboradores. O premio ao "Mellor Club" deste ano recae no Real Club Celta polo seu aniversario e vinculación coa canteira.

  • ‹
  • 1
  • 2
  • ...
  • 127
  • 128
  • 129
  • 130
  • 131
  • 132
  • 133
  • ...
  • 249
  • 250
  • ›

Categorías

Administración electrónica

Alcaldía

Anuncios e Bandos

Axenda urbana

Benestar Social

Comercio

Cultura

Declaración institucional

Deportes

Desenvolvemento Local e Emprego

Educación

Electromecánicos

Facenda

Festas

Fomento

Igualdade

Industria

Infraestruturas

Limpeza

Medioambiente

Nadal

Naval

Normalización Lingüística

Parques e Xardíns

Participación Cidadá

Patrimonio Histórico

Persoal

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Pleno da Corporación

Prensa

Sanidade e Consumo

Seguridade

Servizos

Tenencia de Alcaldía

Tráfico

Transportes

Turismo

Urbanismo

Vigo Vertical

Vivenda

Voluntariado

Xunta de Goberno Local

Xuventude

Zona Franca

© Gabinete de Prensa do Concello de Vigo

Praza do Rei nº 1. 36202 Vigo
Tel: 986 810 228
Fax: 986 810 192