Escoitar

Os Premios VIDE distinguen ao Real Club Celta de Vigo polo seu 90 aniversario

O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, entregaron este mércores os galardóns da Fundación e os carnés Siareiros aos patrocinadores e colaboradores. O premio ao "Mellor Club" deste ano recae no Real Club Celta polo seu aniversario e vinculación coa canteira.

mércores, 6 nov 2013
1383743263vide.JPG
Estes galardóns pretenden ser un recoñecemento ao traballo do mundo do fútbol da cidade e valorar a achega individual a este deporte. A distinción a "Mellor Promesa sub 21" foi para Jonny Castro, lateral dereito do Real Club Celta de Vigo, entidade que levou o galardón ao "Mellor Club" polo seu 90 aviversario e o traballo coa canteira.

Manel Iglesias "Zaragallas" foi premiado como "Mellor Directivo" do ano polo seu traballo no Rápido de Bouzas desdehai cases seis décadas. Por último, Caballero e Silva distinguiron fixeron entrega do premio ao "Mellor Árbitro" a Elena Casal, recoñecendo o seu ascenso a categoría Rexional Preferente.

Alcalde e tenente de alcalde concluiron o acto facendo entrega dos carnés Siareiros de VIDE aos patrocinadores e colaboradores, empresas como PSA, La Caixa, Faro de Vigo, Movisa, CC Camelias, Frutas Nieves, Warriors, Campos y Rial, Coca-Cola, Vitrasa, Mar de Ons e Adegas Val Miñor.
Descargar todas as imaxes