Venda entradas "CONCERTO DE V-GO!"

martes, 12 ago 2014

As entradas para o concerto V-GO! NEGRO SON, CORO DE WÖYZA, que terá lugar o mércores 20 de agosto ás 21:00 h, no Auditorio Municipal do Concello, poden adquirirse anticipadamente en "Discos Elepé" (Doutor Cadaval, 35) a un prezo de 10€. V-GO! NEGRO SON CORO, o único coro de música negra de Vigo, ofrece un concerto que se incluirá no seu documental "V-GO! THE FILM", que chega agora á súa rodaxe final. O concerto conta coa participación do mestre de gospel Dani Reus.

Exposicion "PROCESALIA: CIDADE DE VIGO"

martes, 12 ago 2014

PROCESALIA: CIDADE DE VIGO é un proxecto expositivo de arte contemporánea organizado e producido pola Rede Museística do Concello de Vigo, a realizar en dúas sedes diferentes: A casa das Artes e o Verbum, Casa das Palabras.

"O MARISQUIÑO - 14ª EDICIÓN" (VIGO EN FESTAS 2014) – (PASEO DAS AVENIDAS, PRAZA DA ESTRELA E AUDITORIO DO PAZO DE CONGRESOS DE VIGO)

venres, 8 ago 2014

O Concello de Vigo colabora na 14ª edición de O MARISQUIÑO, que se celebrará os días 7, 8, 9 e 10 de agosto, incluído dentro do programa VIGO EN FESTAS 2014, e que contará con actividades de Skate, BMX, street; BMX flatland; Dirt Jump; Urban Downhill, Mountain bike; B-Boying e Freestyle Motocross no Paseo das Avenidas e na Praza da Estrela; así como tamén concertos no "OFF MARISQUIÑO" que se desenvolverán no Auditorio do Pazo de Congresos de Vigo.

Concerto de Jamie Cullum en Castrelos

venres, 8 ago 2014

O venres 8 de agosto, o artista JAMIE CULLUM actuará no auditorio ao aire libre de Castrelos; o máis exitoso cantante de jazz do Reino Unido, nacido en Romford, Essex (Inglaterra), xa ten vendidos máis de dez millóns de discos en todo o mundo. Tras o lanzamento do seu álbum "Momentum" o artista embarcou nunha xira mundial que agora o trae a Vigo con concertos que sempre sorpenden.

"A NOITE BRANCA"

venres, 8 ago 2014

O Concello de Vigo promove o programa cultural "A NOITE BRANCA", encadrado na oferta "Vigo en Festas 2014", que se desenvolverá este venres 8 de agosto desde as 19.00 ata as 02:00 h (madrugada do sábado) no Museo "Quiñones de León", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT-Centro de Artesanía Tradicional-

VIGOSÓNICO na Constitución<br /> <br />

mércores, 6 ago 2014

A praza da Constitución, escenario da semana da mocidade das FESTAS coa programación de VIGOSÓNICO, do 4 ó 7 de agosto en horario de 22:00 a 00.30h Hoxe mércores día 6 actuarán - ONYRIQA (Pop acústico): 22:00 h; - LA CLOAKA SOUND (Rap): 22:40 h; - DISTRITO CRIMINAL (Rap latino): 23:20 h