Inauguración exposición "Afinidades selectivas 9"

xoves, 14 xul 2016

Este xoves 14 de xullo, ás 20:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a exposición "Afinidades Selectivas 9", organizada pola Universidade de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura, fruto do convenio existente entrambas entidades.

Vigo impulsa o primeiro Festival de Poesía POEMARIA 2016

martes, 21 xuñ 2016

Abel Caballero presentou hoxe martes esta nova proposta cultural -este venres e sábado en distintos espazos da cidade-, que procura dar visibilidade ás mulleres na poesía. Xunto ás mellores voces galegas, Poemaria trae a Vigo a recoñecidos artistas do resto de España nun amplo programa dirixido a todo tipo de públicos.

Mostrarte exhibe as creacións de doce acuarelistas vigueses

martes, 14 xuñ 2016

Abel Caballero inaugurou este martes a exposición colectiva "Acuarelistas vigueses" dentro dunha nova edición de Mostrarte, que exhibirá nas dependencias municipais as creacións de doce artistas da cidade: Antonio Heredero, Rafael Alonso, Varela Guillot, Manuel Torres, Méndez Paz, Luís Romero, Álex Vázquez, Remedios Priegue, Antonio Feijóo, Rosa Elvira Caamaño, Soledad Pite e Azumi Art.