mércores, 15 out 2014
O alcalde participou este mércores na inauguración da exposición "Manuel Gómez Román. Arquitecto e galeguista. Unha ollada desde a Casa Galega da Cultura", mostra organizada pola Fundación Penzol por mor dos 50 anos do pasamento dunha das figuras máis importantes da arquitectura galega. A exposición, aberta ata o 20 de novembro.
martes, 14 out 2014
Este mércores día 15 de outubro, ás 12:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a mostra "Manuel Gómez Román. Arquitecto e galeguista. Unha ollada desde a Casa Galega da Cultura", organizada pola Fundación Penzol en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas e maila Editorial Galaxia, con motivo do 50ª aniversario do seu pasamento.
venres, 10 out 2014
Este sábado, 11 de outubro, ás 12:00 h, inaugúrase na Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (r/ Abeleira Menéndez, 8) a exposición "Mario F. Granell. Morte e reencarnación dun pintor galego", conmemorativa do centenario do seu nacemento. A exposición é unha produción da Concellería de Cultura e Festas, comisariada por José Ballesta de Diego, director do Museo Municipal "Quiñones de León" do Pazo de Castrelos.
mércores, 8 out 2014
Caballero avanzou esta mañá a súa presencia no fallo dos Premios da Crítica Galicia. Logo de manter esta mañá un encontro coa directiva da organización, reiterou a cooperación e o compromiso con este "importante" evento da cultura de toda Galicia.
xoves, 2 out 2014
O venres día 3 comeza a programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, no Auditorio Municipal, coa obra "Odeim" da compañía Cienfuegos Danza. A obra comezará ás 21:00h, e o prezo das entradas é de 8€; as entradas están á venda anticipada en servinova.com, no tlf 902.504.500 e na Central de Espectáculos, así como no despacho de billetes do auditorio dende unha hora antes.<br />
<br />
mércores, 1 out 2014
A Casa das Artes acolle ata o 12 de outubro a exposición das obras do XIX Maratón Fotográfico de Vigo que se celebrou, dentro da programación das Festas de Veran os pasados días 2 e 3 de Agosto.
venres, 19 set 2014
O rexedor deu conta esta mañá o éxito do Certame de Relatos Cortos Vigo Histórico que na súa primeira edición recibiu 161 textos. Organizado pola Federación de Comercio Vigo Histórico e a Editorial Elvira, este concurso literario rematará cun libro que recollerá todos os traballos presentados.
mércores, 17 set 2014
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentaron este mércores os espectáculos de Vigocultura para o último trimestre do 2014, o ano con máis programación estable no recinto municipal desde 2009, segundo salientaron. O goberno de Vigo programa teatro, danza, música e circo para públicos de todas as idades.
martes, 2 set 2014
Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación dun convenio de colaboración por importe de 37.000 euros co Instituto de Estudios Vigueses. Na mesma sesión de Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a adxudicación de 40.525 euros para entidades sociais, sen ánimo de lucro.
mércores, 27 ago 2014
O alcalde de Vigo avanzou que o Concello xa ten seleccionadas unhas 150 medianeiras en toda a cidade para ser cubertas con pintura mural. Logo de presenciar esta mañá o inicio dos traballos de pintura da parede dun edificio en Príncipe na que vai lucir unha lona que reproduce a obra Fiestra do artista Urbano Lugrís.