luns, 13 xuñ 2016
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as axudas á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa "Vente con nós" que inclúe 40 actuacións de teatro música e danza nos barrios e parroquias. Ademais, deu luz verde ao préstamo de nove obras de Castelao para unha exposición no Museo de Pontevedra.
venres, 10 xuñ 2016
Abel Caballero participou este venres na apertura da exposición "Maider López, Desprazamento", a nova proposta da planta baixa do MARCO de Vigo ata o próximo 18 de setembro. O rexedor felicitou á artista e todo o equipo do Museo, "parte importante da acción cultural de Vigo". <br />
martes, 7 xuñ 2016
O alcalde presentou este martes o novo Festival, con actuacións en xullo de trece artistas de prestixio nacional e internacional en cinco citas, como promoción da candidatura do arquipélago vigués a Patrimonio da Humanidade. Vigo recibirá a Steve Vai, Anthrax e Aphonnic, Quilapayún, Toquiño e María Creuza, e A Noite Movida, con Nacho Vega, Jaime Urrutia, Gurruchaga, Carbonell e Coti, entre outros.
venres, 3 xuñ 2016
O rexedor participou este venres no MARCO na presentación da exposición "O mundo flúe. Dúas Miradas sobre unha mesma realidade" que organiza a Fundación ONCE para divulgar a obra de artistas con algún tipo de discapacidade e de artistas que se inspiran na discapacidade para as súas creacións.
venres, 3 xuñ 2016
O alcalde, acompañado pola directora artística do Festival de Jazz de Vigo, Lucía Martínez, e polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, destacou a calidade musical do Imaxinasons que, sendo un proxecto integramente municipal, é xa unha "referencia cultural urbana da cidade" querendo ser unha "peza esencial do desenvolvemento do jazz en Galicia". O programa para o que se destinan 150.000 euros, un 15% máis ca na edición anterior, desenvólvese dende o 1 ata o 9 de xullo en diferentes espazos vigueses.
martes, 31 mai 2016
O mércores, 1 de xuño, dará comezo o Ciclo de Música de Cámara, organizado polo Conservatorio Superior de Música de Vigo en colaboración coa Concellería de Cultura. O ciclo prolongarase ata o venres no Auditorio Municipal do Concello e tomarán parte os grupos gañadores do II Concurso de Música de Cámara do CSMVigo; así, mañán actuarán Laura Zapatero (piano) e Raquel Fernández (violín) que obtiveron o primeiro premio, ademais de Patricia Sío (clarinete) e David Núñez (piano), 3ª mención de honra.
xoves, 26 mai 2016
Por primeira vez, o fotógrafo Valentín González (Xixón, 1955), presenta o seu traballo en Galicia. Baixo o título Círculos de confusión, reúne unha selección de trinta obras que ilustran o percorrido creativo emprendido por este singular artista, hai máis de vinte anos e que se pode visitar na sede da Fundación Laxeiro do xoves 26 de maio ata o 25 de xuño, 2016.<br />
venres, 20 mai 2016
2Cellos visitan España por primeira vez con concertos en Madrid e en Vigo, no Auditorio Mar de Vigo este sábado, ás 21 horas, da man de 1906. Na presentación do evento, o alcalde agradeceu á Corporación Hijos de Rivera o "desenvolvemento cultural" na cidade.
luns, 16 mai 2016
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou este luns a programación do Festival Internacional de cine de Vigo que proxectará 55 curtas e 22 longametraxes ao longo de dez xornadas nas que haberá charlas, retrospectivas de cinema galego, proxeccións para os máis pequenos e unha clase maxistral de Mario Iglesias.
venres, 13 mai 2016
Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema deste ano é ‘Museos e paisaxes culturais’, que salienta a idea dos museos como centros territoriais de protección activa da paisaxe cultural.Por este motivo, a Concellería de Cultura organiza un programa especial dentro da Rede de Museos Municipais que terá lugar os días 14, 15 e 18 de maio.