Concerto SINFÓNICA VIGO 430
Este venres, día 22 de abril, ás 20:30 h, terá lugar no vestíbulo do Auditorio "Mar de Vigo" o concerto da ORQUESTRA SINFÓNICA VIGO 430, que se inclúe no programa "Primavera 2016" , unha completa programación na que participan as catro seccións da Orquestra Vigo 430 e que conta coa colaboración da Concellería de Cultura .
A SINFÓNICA 430, baixo a dirección de Vicente Alberola e co pianista Severino Ortiz, ofrecerá un repertorio con obras de Juan Eiras e Beethoven. Achégase programa completo.
Este ano retómase o programa de abonos a través do cal todas aquelas persoas que vaian asistir a varios concertos poidan facelo nunha única compra, cunha entrada única, a un prezo inmellorable e con asento reservado en zona preferente. A venda de localidades e abonos realízase a través de ticketea (www.ticketea.com)
Descargar todas as imaxes