venres, 22 abr 2016
Segundo informou este venres Abel Caballero, o goberno de Vigo aprobou hoxe as bases e a convocatoria do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias a Familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación. O Concello reserva 1,6 millóns ao efecto e outros 800.000 euros nun fondo contra os desafiuzamentos.
venres, 22 abr 2016
Un informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal sitúa a Vigo á cabeza do cumprimento da estabilidade e regra de gasto, entre as cidades con máis de 250.000 habitantes, segundo datos de 2015. Respecto ao exercicio 2016, esta entidade prevé que o Concello de Vigo terá superávit e cumprirá coa regra de gasto.
venres, 22 abr 2016
Así o indicou este venres Abel Caballero, quen apuntou que hoxe comeza, de forma experimental, un servizo de ruta nocturna de VITRASA ata Cabral. A nova liña N3 ofrece inicialmente unha viaxe única, con saída os venres ás 03:45h desde a Praza de América a Cabral. "Se ten demanda, meteremos máis frecuencias", asegurou o alcalde.
venres, 22 abr 2016
Abel Caballero avanzou esta mañá que Vigo contará este ano cunha "gran feira do libro" que se instalará na céntrica Porta do Sol e na rúa Príncipe. Así llo trasladou esta mañá aos representantes dos libreiros cos que esta mañá un encontro, un día antes da conmemoración do Día do Libro.