O Concello testa desde este venres un novo bus nocturno a Cabral
Así o indicou este venres Abel Caballero, quen apuntou que hoxe comeza, de forma experimental, un servizo de ruta nocturna de VITRASA ata Cabral. A nova liña N3 ofrece inicialmente unha viaxe única, con saída os venres ás 03:45h desde a Praza de América a Cabral. "Se ten demanda, meteremos máis frecuencias", asegurou o alcalde.
"É unha liña experimental e, se ten demanda, meteremos máis frecuencias", reiterou Abel Caballero, pois "queremos potenciar as liñas nocturnas de autobuses para dar seguridade" á mocidade e ás súas familias.