Escoitar

Vigo encabeza a lista de cidades de máis de 250.000 habitantes con mellor situación financeira

Un informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal sitúa a Vigo á cabeza do cumprimento da estabilidade e regra de gasto, entre as cidades con máis de 250.000 habitantes, segundo datos de 2015. Respecto ao exercicio 2016, esta entidade prevé que o Concello de Vigo terá superávit e cumprirá coa regra de gasto.

venres, 22 abr 2016
Abel Caballero deu conta esta mañá do Informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal que sitúa a Vigo encabezando a listaxe de cidades de máis de 250.000 habitantes en parámetros como estabilidade e regra de gasto. Das 16 cidades analizadas, só Vigo e Bilbao teñen débeda 0, e hai que ter en conta que o concello vasco ten réxime foral. En rolda de prensa, Caballero explicou que este informe prevé para Vigo superávit orzamentario en 2016, así como cumprimento da regra do gasto ademais de resaltar unha automomía financeira por riba da media nacional.