Vigo impulsa o primeiro Festival de Poesía POEMARIA 2016
Abel Caballero presentou hoxe martes esta nova proposta cultural -este venres e sábado en distintos espazos da cidade-, que procura dar visibilidade ás mulleres na poesía. Xunto ás mellores voces galegas, Poemaria trae a Vigo a recoñecidos artistas do resto de España nun amplo programa dirixido a todo tipo de públicos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá a programación do primeiro Festival de Poesía POEMARIA 2016, que se desenvolverá en distintos espazos da cidade este venres e sábado, 24 e 25 de xuño.
Dirixido por Keith Payne e Patricia Sánchez, o Concello impulsa unha nova proposta cuxo primeiro obxectivo é converterse en plataforma para o recoñecemento das mulleres na poesía e visibilizar a súa faceta creativa. Neste sentido, Vigo acollerá a editoras e poetas indispensables, como Chus Pato, Míriam Reyes e Ana Gorría.
Poemaria trae á cidade algunhas das voces máis interesantes do panorama editorial contemporáneo e os principais talentos das letras galegas e españolas. A programación contempla lecturas de poetas chegados de Bilbao, Valencia ou Sevilla, como Itziar Mínguez, Víktor Gómez e María Ramos, que se mesturarán coas voces máis salientables do panorama galego: Elvira Ribeiro, Silvia Penas (Cinta Adhesiva), Daniel Salado, Iolanda Zúñiga, Ismael Ramos, Alexia Dotras ou Miguel Alonso Diz, entre outras.
Poemaria 2016 inclúe recitais, obradoiros para nenos e nenas, proxeccións, conta contos e ata un pícnic poético en bici, oferta distribuída en sedes como a Fotogalería de Javier Teniente, a Casa das Artes, a Escola de Artes e Oficios e as prazas de Pescadores e do Abanico, no casco vello vigués.
Descargar todas as imaxes