Comeza a Festa da Cultura co pregón de Óscar Villar, director da Coral Casablanca
A concelleira de Festas, Ana Laura Iglesias, participou este venres na presentación da VII Festa da Cultura, os días 22 e 23 de xullo, e enmarcada no programa "Vigo en Festas 2016". Como novidade deste ano, a edil anunciou concertos na Porta do Sol dos grupos que ensaian no recinto municipal VigoSónico.
A sétima edición da Festa da Cultura, na Porta do Sol, arrinca na tarde deste venres ás 19 horas co pregón do director da Coral Casablanca, Óscar Villar, tal e como anunciou hoxe a concelleira de Festas, Ana Laura Iglesias.
A edil do goberno de Vigo explicou que a iniciativa, parte do programa "Vigo en Festas 2016", ofrece as actuacións de "numerosos grupos de folc, baile, danza e canto de Vigo", coa novidade nesta edición dos concertos de grupos locais que ensaian nos locais municipais de VigoSónico, que serán os dous días da Festa ás 22:30 horas.
Iglesias agradeceu á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais a súa colaboración para que a Festa da Cultura sexa "unha realidade" un ano máis, ademais da cooperación o resto de ano en actividades que promove o Concello de Vigo.
O presidente da nomeada Agrupación, Roberto Giráldez, agradeceu ao Concello de Vigo o "apoio á nosa entidade" ao longo do ano en eventos culturais e deportivos, e explicou que a Festa que comeza hoxe venres é unha mostra da actividade da entidade, con grupos de gaitas, baile galego, acordeón e baile moderno, entre outros.
Descargar todas as imaxes