Escoitar

"La noche movida" concerto en Castrelos con éxitos musicais dos 80

Con Jaime Urrutia, Nacho García Vega, Javier Gurruchaga, Alejo Stivel, Coti, Nacho Campillo e Pablo Carbonell forman o elenco que subirán ao escenario do auditorio de Castrelos o venres 22 de xullo ás 22.30 horas, dentro do programa de Vigo en Festas.

xoves, 21 xul 2016
1469101645lanochemasmovidavigo.jpg
"La Noche Movida" é moito máis ca un concierto de rock. É a reunión duns peculiares cantantes e unha potente banda de músicos que, coa desculpa de tocar e cantar un variado repertorio composto dos grandes éxitos musicais dos anos 80', converten o escenario nunha grande festa da "Movida" da que o público é partícipe desde o primeiro minuto. Moitas risas, bailes, complicidade, xolda e rock'n'roll son os elementos clave deste espectáculo musical

Prezos: 8,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 10,00 euros o día do concerto
(De pé)
Descargar todas as imaxes

Máis información