Escoitar

Caballero anima a toda a cidade a participar o 30 de xullo na Travesía a Nado de El Corte Inglés

A praia de O Vao será o próximo 30 de xullo o punto de saída da XXXVIII edición da Travesía a Nado de El Corte Inglés. Durante a presentación, o rexedor animou a todo Vigo a participar nunha proba que xa é un referente no calendario deportivo vigués.

mércores, 20 xul 2016
1469016504travesia.JPG
O alcalde de Vigo participou esta mañá na presentación da XXXVIII edición da Travesía a Nado El Corte Inglés que sairá o sábado 30 de xullo da praia de O Vao ás 11,00 horas. Logo de felicitar a organizadores e colaboradores, Caballero animou a toda a cidade a participar nunha proba que leva 38 anos cosechando éxitos e que xa é un referente no calendario deportivo da cidade. Na súa intervención, fixo especial fincapé en motivar ás mulleres para que a proba sexa cada vez máis igualitaria.

Trátase da travesía máis lonxeva da historia á que acoden ano tras ano os nadadores máis importantes de Galicia. Un ano máis, haberá dúas probas diferenciadas: unha Travesía Popular, cun circuito de media milla náutica (926 metros); e o III Trofeo de Augas Abertas Mar de Vigo, con 3.000 m de percorrido (só para deportistas federados).

O prazo de inscripción estará aberto ata o mércores 27 de xullo, ás 20,00 horas, no departamento de Deportes de El Corte Inglés. Todos os participantes recibirán un obsequio conmemorativo.
Descargar todas as imaxes