Escoitar

O Concello reparte en Samil folletos invitando á Festa Romana da Villa de Toralla

Os cidadáns que esta tarde paseen por Samil atoparánse cun grupo de actores repartindo folletos que invitan á Festa romana de Toralla, organizada todos os xoves na Villa Romana de Toralla. As representacións, que son gratuítas, escenifican a celebración dunha voda na antiga Roma, co banquete, venda de escravos e loita de gladiadores.

mércores, 20 xul 2016
Algúns dos actores que escenifican as costumes do mundo romano na Villa de Toralla repartirán hoxe mércores, a partir das 18,00 h, folletos en Samil, invitando á cidadanía á achegarse á representación que se organizan todos os xoves dos meses de xullo e agosto, ademais do venres 12 de agosto, xornada na que se celebra a Noite Branca dos museos. As recreacións comezan ás 20,00 horas e teñen unha duración estimada de dúas horas.

Os visitantes que acudan á Vila Romana de Toralla para as representacións serán recibidos nas escaleiras con pétalos de flores. Nas ruínas mostrarase a vida na vila romana, onde cada personaxe interpretará o seu oficio. O patricio e a súa muller recibirán aos invitados á voda, que se representará no escenario cunha cerimonia oficiada por unha sacerdotisa, co banquete, unha venda de escravos, baile e loita de gladiadores.

Tal e como explicou o rexedor, o nivel de afluencia das dúas primeiras representacións foi moi importante, con máis de trescentos asistentes.

Junta Gobierno
Durante a rolda de prensa, o alcalde deu conta da última Xunta de Goberno na que se aprobou a cesión temporal dunha vivenda municipal identificada no rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais. Asimesmo, deuse luz verde a dous proxectos de colaboración para o fomento de actividades. O primeiro, de 5.000 euros, ten como beneficiario á Asociación Veciñal Curva de San Gregorio, mentres que o segundo, dotado de 4.000 euros, é para a Federación de Familiares de Enfermos Mentais de Galicia.