xoves, 21 xullo 2016

O Concello e Vitrasa conciencian aos usuarios da necesidade de viaxar correctamente no bus

Dous monitores explican aos viaxeiros as principais recomendacións á hora de subir, baixar e permanecer no autobús. Fan especial fincapé nas liñas de maior afluencia de público, que nesta época do ano se centran nas praias, no centro e nas do novo hospital e aeroporto. A campaña desenvólvese durante o mes de xullo e repartiranse máis de 3.000 folletos explicativos