O Concello embelece unha medianeira á altura dos números 30 e 34 da rúa A Florida
O alcalde de Vigo visitou hoxe martes a medianeira que o Concello está a embelecer na rúa A Florida, á altura dos números 30 ao 34. Acompañado por un nutrido número de vecinos, Caballero reiterou que existe unha liña de axudas municipais para rehabilitar zonas privadas de uso público, como a que visitou esta mañá.
O alcalde visitou esta maña o espazo privado de uso público que conforman os números 30, 32 e 34 da rúa A Florida, unha zona que ven de ser rehabilitada, coa cooperación do Concello. Acompañado pola comunidade de propietarios, o rexedor visitou a medianeira que o Concello está a adecentar, unha iniciativa que se sumará á humanización das rúas do contorno, unha vez que A Florida xa foi remodelada. Segundo explicou en rolda de prensa, o goberno vai afondar na mellora dunha zona da cidade moi poboada que estivo abandoada moitos anos.
En declaracións aos medios, Caballero lembrou que o Concello ten aberta unha liña de axudas para rehabilitar zonas privadas de uso público, como a que visitou esta mañá.
Descargar todas as imaxes
En declaracións aos medios, Caballero lembrou que o Concello ten aberta unha liña de axudas para rehabilitar zonas privadas de uso público, como a que visitou esta mañá.