mércores, 13 xan 2016
O Museo Liste-Etnográfico de Vigo, xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura, presenta a súa programación para o primeiro trimestre do ano, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, actividades complementarias e do ciclo anual, obradoiros e concursos.Os seus horarios son:DE MARTES A SÁBADO: de 10:00 h a 14:00 h e MÉRCORES: de 10:00 h a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:00 h.
mércores, 13 xan 2016
A exposición "Estraño cotián. A colección de Artes Decorativas do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León", promovida pola Concellería de Cultura, que se desenvolve no Museo de Castrelos, amplía a súa apertura ao público ata o 26 de xuño.
mércores, 30 dec 2015
A Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" acolle a exposición "Así nos ven. Así somos?. A imaxen da muller na arte", unha produción da Concellería de Cultura, comisariada por Susana Cendán e que se poderá visitar ata finais do mes de xuño.
martes, 22 dec 2015
O alcalde vigués deu a benvida este martes a Vigo a estes "mitos" e "ídolos" da música, cantantes de Tequila e M Clan, respectivamente, que ofrecerán mañá un concerto conxunto no Auditorio Mar de Vigo, dentro da programación municipal de Nadal. Ambos escolleron Vigo para reunirse por primeira vez e interpretar algúns dos clásicos do rock en español, nun formato acústico e íntimo.
luns, 21 dec 2015
Este luns día 21 de decembro, ás 20:00 h, inaugúrase na Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (r/ Abeleira Menéndez, 8) a exposición "Así nos ven. Así somos?. A imaxen da muller na arte", unha produción da Concellería de Cultura, comisariada por Susana Cendán.
venres, 11 dec 2015
A Concellería de Cultura programa o domingo día 13 de decembro un concerto do grupo LADIBAIN, que terá lugar ás 20:00 h no Teatro Afundación Vigo. Baixo o título "La vie en rose, unha viaxe musical con Ladibain", ofrécese un espectáculo no que a interpretación está acompañada de diálogos e escenificación dos intervenientes, que serve de fío condutor entre as diferentes interpretacións.
venres, 11 dec 2015
O artista Mingos Teixeira oferta unha serie de encontros coas persoas presentes en sala para a exposición "Alicia no país das marabillas", que ten lugar na planta baixa da Casa das Artes ata o 10 de xaneiro de 2016. Os encontros serán os domingos 13 e 27 de decembro, 3 e 10 de xaneiro, de 12:30 a 14:00 h; e os mércores 16, 23 e 30 de decembro, de 19:00 a 20:30 h. <br />
<br />
mércores, 9 dec 2015
A Concellería de Cultura colabora co Festival de curtametraxes, animación e documental "Consecuencias", que se celebra no Auditorio Municipal do Concello os días 10, 11 e 12 de decembro, e onde se exhibirán algúns dos traballos máis relevantes realizados en España entre 2014 e 2015. A entrada custa 1 €, dispoñibles no despacho de billetes do auditorio dende 30 minutos antes do inicio das proxeccións.
mércores, 9 dec 2015
Exposición cos traballos presentados ao concurso de relato fotográfico 2015, organizado por Latente e as Clínicas Dra. Susana Santeiro, no que os autores facendo uso do medio fotográfico contan unha historia, o que supón un maior compromiso coa creación fotográfica.A mostra podese visitar na Casa das Artes dende o xoves 10 de decembro ate o domingo 10 de xaneiro.
venres, 4 dec 2015
O Recinto Feiral de Vigo acolle dende mañá sábado a tripla exposición "Evolución Humana, idade de xeo e dinosauros", unha das mostras máis grandes sobre esta temática que pasou polos Estados Unidos, París, Lisboa e Edimburgo e agora recala en Vigo, onde permanecerá aberta ata o 14 de febreiro. O evento foi presentado este venres polo Concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, quen amosou a vontade do goberno local de "colaborar con iniciativas destas características" e que estivo acompañado de Lucrecia García Fernández, responsable da exposición, quen destacou o perfil didáctico da mostra.