III Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo

mércores, 30 mar 2016

O Museo Liste convoca o III Concurso de Fotografía co que se pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade. "Vigo: símbolos da cidade" é o tema elixido para este ano coa intención de recoller aqueles símbolos que os cidadáns consideran representativos da cidade olívica. Prazo de admisión das obras ata o 3 de maio de 2016 ás 14:00 h.

O Concello destina 605.000 euros ao Marco para financiar o seu programa de actividades

luns, 21 mar 2016

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a normativa que regula a transferencia de financiamento ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo que se concreta en tres achegas de 201.666 euros cada unha. Abel Caballero considera "inaceptable" que tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Cultura reducisen as súas axudas ao MARCO, sendo o Concello o que "financia practicamente na súa totalidade" o centro.

Exposición "RETALLOS DA NOSA HISTORIA" na Casa Galega da Cultura

xoves, 17 mar 2016

O xoves, 17 de marzo, ás 20:00 h, terá lugar na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), a inauguración da mostra "Retallos da nosa Historia", integrada nos actos da Reconquista da Vila de Vigo, organizados pola AVC do Casco Vello, coa colaboración do Concello de Vigo.

Vigo estrea este mércores o filme colaborativo de "Cinema e Muller", dirixido por dez mulleres

mércores, 16 mar 2016

O alcalde, Abel Caballero, e a presidenta provincial, Carmela Silva, presentaron este mércores a proxeción do filme colaborativo da iniciativa "Cinema e Muller", unha proposta multidisciplinar que procura dar visibilidade á creación artística das mulleres a través de proxeccións, charlas e desta película, conformada por dez microcurtas dirixidas por cineastas, que se estrea este mércores, ás 20:30h no Auditorio Municipal do Concello.

Concerto ENSEMBLE VIGO 430 o domingo no Auditorio Mar de Vigo

venres, 11 mar 2016

Este domingo día 13 de marzo, ás 12:00 h, terá lugar o cuarto concerto programado pola Orquestra Vigo 430 para a "Primavera 2016", que conta coa colaboración da Concellería de Cultura.Neste caso, será o ENSEMBLE VIGO 430 quen ofrecerá o concerto denominado "O 13 é un número afortunado", con obras de Strauss, Ravel e Schumann, no Auditorio Mar de Vigo.

Exposición "Esencias dunha colección" na Pinacoteca

martes, 1 mar 2016

A Concellería de Cultura presenta a exposición "Esencias dunha colección" que poderá visitarse na Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" a partir do martes 1 de marzo. Vigo conta cunha das máis importantes coleccións de arte galega que nace dunha política de adquisicións levada a cabo desde o Museo municipal "Quiñones de León".