O espectáculo de danza "Up2Down" abre na Praza da Princesa o programa "CreaVigo"
O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación asistiron este mércores á apertura do programa "CreaVigo" co espectáculo de danza e circo contemporáneo "Up2Down". Serán oito actividades entre hoxe e o 12 de xuño en catro emprazamentos (Princesa, Praza de Compostela, Porta do Sol e Príncipe).
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiron este mércores na Praza de Princesa á representación do espectáculo de danza e cine contemporáneo "Up2Down", a cargo da Cía Traspediante, primeira das actividades do programa "CreaVigo".
"CreaVigo" é un proxecto de creación artística en directo que mestura artes plásticas, ilustración, música e danza en espazos públicos. Debido á meteoroloxía foron reprogramadas as oito actividades e agora levaranse a cabo entre o 6 e o 12 de xuño en catro emprazamentos (Praza da Princesa, Praza de Compostela, Porta do Sol e Príncipe).
Organizado polo Concello de Vigo, "CreaVigo" funciona de forma paralela ao proxecto de arte urbana "Vigo, cidade de cor" e ten como obxectivo principal a interacción coa cidadanía, acercando a arte a diversos públicos a través da participación e da creación colaborativa, apoiando ao tempo a produción cultural galega.