Escoitar

O Concello de Vigo regula a instalación de pantallas de publicidade no exterior dos edificios

Abel Caballero anunciou este mércores que a Xerencia de Urbanismo aprobou inicialmente a modificación da Ordenanza Urbanística Reguladora da Publicidade Exterior. A través da nova normativa quedan fixadas as condicións para instalar pantallas nas fachadas dos edificios.

mércores, 6 xuñ 2018
1528286621Alcalde_02.JPG
O alcalde de Vigo avanzou este mércores que a Xerencia de Urbanismo xa aprobou a modificación da Ordenanza Urbanística Reguladora da Publicidade Exterior e que agora será a Xunta de Goberno Local a que deu o seu visto e prace antes ser exposta publicamente para o prazo de alegacións.

Os cambios chegan para adaptar a normativa ás demandas actuais de instalación de pantallas LED de publicidade nas fachadas dos edificios. Segundo explicou Abel Caballero, quedan excluídas as zonas do Casco Vello de Vigo e de Bouzas, mentres que en edificios catalogados requirirá sempre un informe expreso favorable de órgano competente.

"É unha aposta pola modernidade da cidade e nalgunhas zonas como a Porta do Sol terán que estar condicionados a aquelas decisións que tome o Concello en épocas de festas o por outro acontecemento, por exemplo, cando acendamos o árbore de Nadal non van estar as pantallas dispoñibles", sinalou o alcalde.

A ordenanza tamén fixa horarios de limitación, que será entre as 21:00 e as 09:00 horas, ademais de que os propietarios están obrigados a instalar un mando de apagado externo e accesible para os servizos municipais. As licenzas para ditas publicidades exteriores deberán ser renovadas cada cinco anos.
Descargar todas as imaxes