Concello e Comunidade de Montes cooperarán no proxecto do Anel Verde que arrancará este ano
O goberno local xa está a traballar na contratación do proxecto do Anel Verde que xa contará nos orzamentos do exercicio que vén cunha partida económica aínda que este anos xa se comezará coa plantación nalgunhas zonas. O rexedor avanzou esta mañá que o deseño contará coa cooperación da Mancomunidade de Montes cos que quere alcanzar un "acordo total". <br />
O alcalde mantivo esta mañá un encontro con responsables da Mancomunidade de Montes para intercambiar opinións sobre o Anel Verde no momento no que se está xa a traballar na contratación do proxecto. En declaracións aos medios insistiu na busca dun "acordo total" no deseño e avanzou que este ano xa se van a plantar especies nas zonas nas que xa están consensuadas. O orzamento de 2019 incluirá unha partida para un proxecto "que ten unha función ecolóxica importantísima". O Anel verde de Vigo -de 50 metros de lonxitude e 100 de ancho, terá un camiño de acceso ao longo de, alo menos 5 metros, que permitirá o fácil acceso á extinción de posibles incendios. Está formado por unha banda principal de 50 m de ancho e dúas auxiliares de 25 m de ancho.
Segundo explicou, este anel ten unha función de preservación do monte fundamental e implicará a retirada de pirofitas (eucaliptos e pinos) e conectará co resto de parques forestais da cidade. Trátase dun proxecto a longo prazo -entre 10 e 20 anos- para estar concluído e será o Concello o que asuma os miles de millóns de euros aos que ascenderá.
Día Mundial do Medio Ambiente
O Concello sumouse hoxe á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente coa colocación nos autobuses urbanos de papeleiras amarelas para recoller envases. Trátase, explicou, dunha iniciativa para chamar á concienciación social sobre a importancia da reciclaxe e o uso do transporte colectivo e o aforro de enerxía. Neste punto, avanzou que outra das accións municipais para favorecer o transporte urbano non contaminante son os ascensores ou as ramplas, que funcionan con acumuladores de baixo consumo.
Caballero lembrou que en 2012, se puxo en marcha o programa de voluntariado Ambiental do Concello polo que xa pasaron 1.500 persoas, 300 nos último ano. Este colectivo traballou nas zonas afectadas polos incendios de outubro (colocación de palla e mallas para evitar o arrastre da cinza) ademais de acondicionar os montes urbanos, erradicando especies invasoras, plantando árbores autóctonas e conservando sendeiros locais. Outra das súas labores a desenvolven en Cíes, cooperando na limpeza e eliminando especies invasoras.
Descargar todas as imaxes