xoves, 25 feb 2016
O alcalde felicitou á organización pola consolidación desta iniciativa, presentada este xoves na súa terceira edición. O concurso literario ten tema e estilo libres máis a acción debe transcorrer na cidade de Vigo. O prazo de presentación dos textos arranca mañá venres e finaliza o 30 de xuño.<br />
xoves, 25 feb 2016
O alcalde de Vigo avanzou hoxe xoves que o Museo Quiñones de León exhibirá as once obras de arte e obxectos históricos cedidos en depósito polo Círculo Mercantil de Vigo. A continuación esas pezas formarán parte da exposición permanente, en bloques de dous.
venres, 19 feb 2016
A ORQUESTRA XOVE VIGO 430 ofrecerá un concerto este domingo 21 de febreiro, ás 12:00 h, no vestíbulo do Auditorio "Mar de Vigo". O concerto, dirixido por Irene Calado e Julio Domínguez, contará co coro participativo de Capela Madrigalista, Coro do IES Val do Tea, Miñoca ma non toppo, Mistura Vocal e cantores convidados. O repertorio consistirá en obras de Bedrich Smetana, Julio Domínguez, Eric Whitacre e Javier Busto.A venda de localidades e abonos realizarase a través de ticketea (www.ticketea.com) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26).
xoves, 11 feb 2016
Esta fin de semana da comezo a programación municipal de artes escénicas, VIGOCULTURA, que se desenvolverá no Auditorio Municipal do Concello durante os meses de febreiro a maio, con espectáculos para adultos os venres e para público familiar os domingos.O venres 12, ás 21:00 h, Teatro do Morcego representará a obra "Presidente" e o domingo 14, ás 18:00 h, á compañía Tromplicallo "Rumpelstikin. O anano saltarín".
venres, 29 xan 2016
Este domingo, día 31 de xaneiro, terá lugar o primeiro concerto do programa "PRIMAVERA 2016" da ORQUESTRA VIGO 430, que conta coa colaboracion da Concellería de Cultura. A orquestra sinfónica, agrupación principal da 430, será a encargada de inaugurar o ciclo baixo a dirección de Vicent Alberola e a violinista Rusanda Panfili como solista. O concerto terá lugar ás 12:00 h no vestíbulo do Auditorio "Mar de Vigo", con entradas a 10 € en anticipada e 12 no despacho de billetes do auditorio; a venda de entradas e abonos realízase a través de Ticketea (www.ticketea.com)
xoves, 28 xan 2016
O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación asinaron este xoves un protocolo de colaboración para a instalación -estimada no mes de marzo- dunha escultura en granito de "Balbino", personaxe de "Memorias dun Neno Labrego", como "homenaxe" ao seu autor, o recentemente falecido Xosé Neira Vilas. A obra ubicarase no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido.
venres, 22 xan 2016
A Casa das Artes acolle a exposición "XX Maratón Fotográfico Concello de Vigo", organizada pola Concellería de Cultura e maila Agrupación Fotográfica Galega. O maratón tivo lugar o 14 e 15 de novembro pasados, cun total de 165 participantes que tiveron 24 h para fotografar catro temas: "Fronteira", "Ausencia", "Ilusión óptica" e "Pequenos Mundos".A exposición permanecerá aberta ao público ata o 28 de febreiro.
venres, 22 xan 2016
A Concellería de Cultura presenta a programación municipal de artes escénicas "Vigocultura" que se desenvolverá no Auditorio Municipal do Concello dende o 12 de febreiro ao 15 de maio, ambos inclusive.
mércores, 20 xan 2016
Este mércores presentouse a programación de primavera da Orquestra Vigo 430, que ofrece oito concertos nun ciclo "ambicioso e de alcance" segundo o seu director artístico, Javier Escobar. Abel Caballero manifestou o apoio do goberno local a esta formación que reúne a músicos da canteira viguesa.
xoves, 14 xan 2016
A Casa Galega da Cultura inaugura a mostra "TECIDO CRU. Deseñar e construír", organizada por ESDEMGA (Estudos Superiores en Deseño Textil e Moda de Galicia) e a Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo e que se poderá visitar ata o 21 de febreiro.