Máis de 300 bailaríns dunha vintena de escolas da cidade participan este sábado no encontro "Vigo Danza"
Vigo será este sábado o epicentro da danza en Galicia co encontro "Vigo Danza", no que máis de 300 bailaríns de 21 centros oficiais da cidade realizarán unha gran exhibición no Auditorio Mar de Vigo.
O alcalde, acompañado do concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, animou esta mañá aos vigueses para acudir á cita e gozar deste evento que aúna os diferentes estilos de danza: desde a clásica á contemporánea, pasando polo hip hop, a tradicional galega, os bailes de salón ou o break dance, entre outros moitos. "Será unha gran mobilización cultural na que se volverá a demostrar o alto nivel de danza que hai en Vigo e a calidade excepcional dos seus bailaríns", afirmou Caballero.
Pola súa banda, a coordinadora do evento, Lorena López, agradeceu o apoio do concello a esta segunda edición do "Vigo Danza" e, en xeral, a todas as iniciativas que organizan desde esta disciplina.
Destacou tamén o nivel que alcanzou o baile na cidade. "Temos centros campións a nivel internacional en todas as modalidades e celebrar esta gala é todo un orgullo para nós", asegurou.
A entrada ao evento é gratuíta ata completar o aforamento de 1.400 localidades que ten o Auditorio Mar de Vigo. As exhibicións comezarán ás 12.00 horas e as entradas poderanse recoller a partir das 10 da mañá.
Descargar todas as imaxes