venres, 11 maio 2018

O Concello, titular da nova depuradora de Vigo

venres, 11 mai 2018

O alcalde informou este venres da recepción da nova infraestrutura de saneamento, xa propiedade do Concello. Abel Caballero puxo en valor que a depuradora foi pagada por Vigo e Europa, pois a cidade abonou o solo e a parte da Xunta a través do canon da saneamento e os fondos do Goberno de España proceden da Unión.

O rexedor recibirá o martes ás auxiliares de enfermería ás que apoia nas súas reivindicacións

venres, 11 mai 2018

O alcalde manterá un encontro con auxiliares de enfermería o próximo martes 15 de maio, unha reunión na que lles ratificará o seu apoio expreso nas súas reivindicacións de non querer realizar traballos de limpeza que non lles corresponden. Na súa opinión, esta situación emana dun deterioro do modelo de hospital privado que a Xunta de Galicia instaurou en Vigo.