Escoitar

O alcalde destaca a "calidade humana" de Delta Vigo como "parte importantísima do seu éxito"

Abel Caballero visitou este venres a factoría, onde subliñou que "os proxectos se asentan en equipos, en factores humanos e en persoas concretas" e detrás do "éxito" da empresa atópase o "factor humano". O rexedor felicitou ao "xigante da producción, cunha capacidade tecnolóxica inigualable".

venres, 11 mai 2018
1526042759Delta_01.JPG
En declaracións posteriores aos medios, o rexedor valorou a "impresionante" función de Delta Vigo, "un xigante da producción cunha capacidade tecnolóxica inigualable", pois desde a cidade fabrican as máquinas que á súa vez elaboran as pezas das ás dos avións, por exemplo.

Caballero puxo en valor que a factoría, na que o 35% do persoal son enxeñeiros, presenta unha "enorme capacidade tecnolóxica", polo que manifestou "o meu orgullo polo que son quen de facer, polo que somos quen de facer desde Delta Vigo".
Descargar todas as imaxes