Escoitar

Exposición "O Día das Letras Galegas. 55 anos de Historia"

O Concello e a Fundación Penzol organizan a exposición "O Día das Letras Galegas. 55 anos de Historia. Unha ollada desde a Casa Galega da Cultura" que se poderá visitar do 26 de abril ao 3 de xuño.

xoves, 26 abr 2018
152474351055.jpg
O Día das Letras Galegas tense convertido na principal celebración da cultura galega. Desde que no ano 1963 a Real Academia Galega instituiu esta festa, a proposta dos académicos Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, foron moitas as figuras da nosa literatura celebradas cada 17 de maio.

Ao cumprírense 55 anos daquela primeira efeméride, a Fundación Penzol proponse levar a cabo unha exposición na que se mostren documentos dos seus fondos relacionados con tan importante e significativa data, destacando entre eles a cartelería alusiva ao Día das Letras Galegas, desde 1963, o primeiro dos anos da celebración.O Día das Letras Galegas tense convertido na principal celebración da cultura galega. Desde que no ano 1963 a Real Academia Galega instituiu esta festa, a proposta dos académicos Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, foron moitas as figuras da nosa literatura celebradas cada 17 de maio.
Descargar todas as imaxes

Máis información