luns, 23 abril 2018

O Concello promove un curso de horta ecolóxica na Casa de Xuventude

luns, 23 abr 2018

Nesta primavera, o goberno de Vigo ofrece formación teórica e práctica sobre a horta ecolóxica, o ciclo de cultivo e o consumo saudable, segundo informou este luns Abel Caballero, para persoas de entre 13 e 35 anos. O alcalde recordou que o Concello conta con nove hortas urbanas na cidade.

Vigo crea un Mapa Literario con dez rutas para percorrer a cidade a través dos seus escritores e as súas obras

luns, 23 abr 2018

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este luns con motivo do Día do Libro o novo "Mapa Literario de Vigo", unha iniciativa da Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas para amosar a riqueza cultural da cidade a través dos seus libros e os seus autores. O proxecto consta de dez rutas que percorren todos os barrios marcando os fitos literarios das obras.