Escoitar

O goberno de Vigo saca adiante unha modificación orzamentaria de 1,3 millóns para axudas á rehabilitación

O Pleno validou unha modificación orzamentaria de 1,3 millóns de euros para o financiamento das axudas á rehabilitación de vivendas nos ARIS do Casco Vello, Bouzas, Coia e Santa Clara. A proposta do goberno local acadou o apoio unánime de todos os grupos.

mércores, 25 abr 2018
Todos os grupos deron luz verde esta mañá a proposta do goberno local de modificar o orzamento para adicar 1,3 millóns de euros á rehabilitación de vivendas nos ARIS do Casco Vello, Bouzas, Coia e Santa Clara. Deste xeito, explicou a concelleira de Urbanismo, María José Caride, os propietarios asumirán o 40% do custo dos traballos, mentres que o Ministerio de Fomento achegará o 33%, o Concello, o 16% e a Xunta -a primeira vez que participa neste programa desde 2013-, o 13%.

Caride destacou o elevado grado de aceptación desta iniciativa que permitirá realizar 60 actuacións no Casco Vello; 30, en Bouzas, 50, en Coia e 15, en Santa Clara, aínda que este número podería verse incrementado respecto a estas previsións iniciais. Esta achega pública pode alcanzar o 45% do custe das obras.