Escoitar

Abel Caballero invita á cidade a presenciar o VIII Encontro de Palilleiras Cidade de Vigo

As responsables da Asociación Arte y Filigrana de Vigo presentaron co alcalde de Vigo este evento, que se celebrará no pavillón das Travesas este sábado, desde as 11 ata as 20 horas. Segundo explicaron na presentación, máis de 400 palilleiras de toda Galicia, Salamanca e Madrid daranse cita en Vigo.

xoves, 12 abr 2018
1523538317Palilleiras.JPG
O alcalde presentou a nova edición deste Encontro de Palilleiras Cidade de Vigo xunto ás responsables da asociación organizadora, Ángeles Graña e Teresa De Frutos.

O VIII Encontro de Palilleiras Cidade de Vigo conta coa cooperación do Concello de Vigo e se celebrará o sábado 14 de abril, desde as 11 ata as 20 horas, no pavillón das Travesas. Segundo explicaron, 432 palilleiras daranse cita en Vigo, procedentes de todas as provincias galegas, Salamanca e Madrid.

A organización prepara unha completa mostra de elaboración de encaixe, postos de venda especializados, actuacións musicais e tamén agasallos, que virán acompañados por detalles de encaixe.
Descargar todas as imaxes