mércores, 11 abr 2018
O concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, se achegou esta mañá ao Monte Vixiador para participar nunha plantación de árbores con estudantes de quinto e de sexto de Primaria. Acompañados por responsables da Comunidade de Montes de Candeán, case medio centenar de escolares plantaron cerdeiras e nogueiras dentro dunha iniciativa que ten por obxectivo concienciar á mocidade sobre o coidado do medio ambiente.
mércores, 11 abr 2018
O alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) presenta na sala de exposicións da Casa de Xuventude a exposición "Escenografía galega, caracterización e indumentaria" na que se mostra a evolución do traxe dende a antigüidade a través de figuríns.