O Concello abre ata o 8 de maio o prazo para pedir as axudas de vivenda, enerxía e alimentación
Abel Caballero informou este luns da apertura do prazo de solicitudes das Axudas Extraordinarias a Familias 2018, desde este martes 10 de abril ata o 8 de maio, ambos incluidos. Sumando as axudas de emerxencia, o goberno de Vigo adica máis de 2,5 millóns a pagos de vivenda, enerxía e alimentos.