martes, 10 abr 2018
A modificación puntual do PEPRI Casco Vello na zona da Panificadora "segue a velocidade de cruceiro" segundo avanzou esta mañá o rexedor, unha vez recibido informe favorable da Consellería de Medio Ambiente. Ao mesmo tempo, o Concello xa está a traballar coa Zona Franca no convenio de cooperación. <br />
martes, 10 abr 2018
O alcalde informou de que a concesionaria Aqualia levará a cabo un sistema integral articulado a través dos investimentos pactados no contrato. A actuación permitirá que non sexa necesario cortar o abastecemento en caso de avarías.
martes, 10 abr 2018
Tras unha reunión na tarde deste luns cos organizadores, o alcalde garantiu a colaboración do Concello de Vigo nos actos de homenaxe ao deportista, como "recoñecemento" ao propio Salvo e pola "importancia" do baloncesto en Vigo. A organización, salientou Caballero, negocia a presenza do Real Madrid na cidade.
martes, 10 abr 2018
Paliar as deficiencias estruturais do Álvaro Cunqueiro, que teña un aparcadoiro gratuíto ou que Vigo deixe de liderar as listas de agarda máis longas de Galicia son algúns dos motivos que esgrime a Xunta de persoal do Chuvi para convocar unha manifestación o próximo xoves 12 de abril. Como xa fixera días atrás, o rexedor animou a todo Vigo a participar nesta mobilización en defensa da Sanidade.
martes, 10 abr 2018
Abel Caballero achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal para participar na entrega dos premios da XV Edición do Concurso Dixital Infantil Internacional de Aqualia. Baixo o lema "Misión Depuración", presentaron a súas creacións alumnos de máis de 30 colexios e se entregaron 12 galardóns.