O Goberno de Vigo compromete novamente apoio ao terceiro Memorial Quino Salvo
Tras unha reunión na tarde deste luns cos organizadores, o alcalde garantiu a colaboración do Concello de Vigo nos actos de homenaxe ao deportista, como "recoñecemento" ao propio Salvo e pola "importancia" do baloncesto en Vigo. A organización, salientou Caballero, negocia a presenza do Real Madrid na cidade.
Alcalde de Vigo e organizadores do Memorial mantiveron na tarde deste luns unha reunión para perfilar a terceira edición do Memorial Quino Salvo, un "recoñecemento" ao deportista cunha "parte deportiva", resaltou Caballero, de "impulso" do baloncesto en Vigo.
Así, o rexedor vigués comprometeu un ano máis a cooperación do Concello de Vigo co evento, que está a negociar a presenza na cidade do Real Madrid de baloncesto. O pasado ano foi o FC Barcelona Lassa quen participou, recordou Abel Caballero, que sinalou a "importancia" do baloncesto na cidade.
Descargar todas as imaxes