Vigo contará cun mallado da rede de abastecemento de auga para evitar fallos de subministro
O alcalde informou de que a concesionaria Aqualia levará a cabo un sistema integral articulado a través dos investimentos pactados no contrato. A actuación permitirá que non sexa necesario cortar o abastecemento en caso de avarías.
A Xunta de Goberno Local aprobou encomendar a Aqualia a redacción do proxecto técnico para as obras do mallado da rede de abastecemento do Concello. Abel Caballero sinalou durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación que a actuación permitirá evitar cortes na subministración de auga.
"Xa fixemos o mesmo coa rede eléctrica e iso permitiunos acabar cos cortes de luz que antes eran moi frecuentes", sinalou o alcalde en rolda de prensa. Así, a actuación no mallado da rede permitirá pasar a un sistema de rede articulada, na que os ramais da rede únense entre se e a auga pode chegar a un punto determinado por más de un circuíto, evitando deixar sen servizo aos cidadáns en caso de avarías.
O obra formará parte do Plan de Investimentos de Aqualia e o Concello pretende dar unha solución ao trazado ramificado que parte da condución principal da que se derivan conducións secundarias e a que, a súa vez, parten outras de menor diámetro.
Humanización Gregorio Espino
Ademais, a Xunta de Goberno tamén aprobou a terceira fase da humanización de Gregorio Espino, concretamente os dous tramos que van de Jenaro de la Fuente a Urzáiz e desde San Roque ás rúas Aguia e Ruiseñor. O orzamento é de de 1,4 millóns e o prazo de execución de 9 meses. As obras inclúen redes de abastecemento, saneamento, pluviais, residuais, mobiliario urbano, beirarrúas, redes de rego, xardíns e rede semafórica.