O alcalde insiste no consumo responsable de auga na entrega de premios do concurso de debuxos de Aqualia
Abel Caballero achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal para participar na entrega dos premios da XV Edición do Concurso Dixital Infantil Internacional de Aqualia. Baixo o lema "Misión Depuración", presentaron a súas creacións alumnos de máis de 30 colexios e se entregaron 12 galardóns.
Concello e Aqualia entregaron un ano máis os premios da XV Edición do Concurso Dixital Infantil Internacional de Aqualia, coa participación de preto de 300 escolares, compañeiros dos 12 galardoados. O alcalde lembrou aos escolares a importancia do consumo responsable e felicitou a os gañadores e participantes en xeral pola calidade dos seus traballos. Este certame, para alumnos de Primaria, tamén se convoca en Portugal, Italia e República Checa.
Descargar todas as imaxes