Caballero asegura que a chegada de Binter revela o potencial do aeroporto, que encadea un crecemento sostido desde xuño de 2015
O alcalde recibiu este martes ás responsables da aeroliña, que unirá Vigo con Gran Canaria dúas veces por semana desde o 3 de maio. O Concello colaborará con Binter, que se implanta en Vigo sen ningunha axuda pública, o que evidencia a "potencialidade" do aeroporto vigués. Caballero destacou o crecemento "constante" de Peinador desde xuño de 2015.
En declaracións aos medios, Abel Caballero puxo en valor que as operacións de Binter desde Vigo son a prezo de mercado, sen ningunha axuda pública, e anunciou a cooperación do Concello na súa posta en marcha, igual que se actuou coa TAP, tamén en Peinador sen apoio público.
O rexedor saudou a implantación da liña canaria en Vigo, desde onde voará a Gran Canaria os xoves e os domingos, desde este próximo 3 de maio. Revelou Caballero que a empresa propón a ruta como conexión dos mercados galego e canario e tamén como escala co noroeste de África, o que podería beneficiar particularmente ás empresas pesqueiras viguesas.
Caballero saudou que as empresas decidan operar desde Vigo, como fai agora Binter e fixo anteriormente TAP, pois revela a "potencialidade" do aeroporto olívico. Así, o primeiro edil recordou os datos de viaxeiros desde Peinador, que encadean un crecemento "constante" desde xuño de 2015 -coa salvedade dos dous primeiros meses de 2017-. "O crecemento de Vigo non é esporádico, puntual, é sostido", explicou Caballero, quen amosouse convencido de que este ano o aeroporto superará con creces o millón de pasaxeiros.
Vigo é o aeroporto galego cun maior crecemento no acumulado do ano e tamén no mes de marzo, cun crecemento do 15,8% polo 3,2% da Coruña e o 5,5% de Santiago de Compostela. O aeroporto de Vigo tamén sitúase sobre a media estatal, dun 11%.
Descargar todas as imaxes