O albergue de Vigo, único municipal en Galicia, acolle a 500 usuarios ao ano
Abel Caballero presentou este venres o balance do albergue municipal de Vigo, único financiado en Galicia por un concello e en funcionamento desde o ano 2012. As instalacións da rúa Marqués de Valterra acollen a unha media de 500 usuarios ao ano e ofrecen 12.000 pernoitacións e 22.000 menús.
O Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social de Vigo, único albergue municipal de Galicia, acolle a unha media de 500 usuarios ao ano e ofrece 12.000 pernoitacións anuais desde a súa apertura en 2012. Así queda reflexado no último balance das instalacións do Concello de Vigo feito público este vernes polo Concello de Vigo.
Segundo explicou Abel Caballero, o albergue conta cunha asignación económica de 830.000 euros, integramente sufragados polas arcas municipais. Os datos do pasado mes de febreiro indican que houbo un total de 1.009 pernoitas totais por parte de 148 persoas, 22 de elas novas, e cunha ocupación global media de 94,83%.
"O albergue está ben dimensionado e a proba a temos en que hai un 5% de camas dispoñibles, intentamos ter máis prazas pero a Xunta foi quen o impediu", sinalou o rexedor respecto a posiblidade de que aumentase a ocupación de 38 a 40 camas.
Ademais, o alcalde destacou outros servizos prestados nas mesmas instalacións como o Centro de Día, onde 25 usuarios participaron en 14 actividades diferentes, que foron desde gimnasia a viaxateca, videofórum, cocina, educación básica ou creatividade.
Unidade de Rúa e de Hixiene
O albergue tamén dispón dunha Unidade de Rúa que atende a persoas que non queren acudir a centro. Atendido por educadoras sociais e técnicas de integración, realiza 90 servizos mensuais na rúa e nos pasado mes de febreiro atendeu a 43 persoas, seis delas casos novos. Conta cun vehículo de transporte que leva zumes, café con leite, bollería, mantas e sacos de durmir.
Outro das funcións prestadas desde as instalacións municipais é a Unidade de Hixiene, que permitiu en febreiro atender a 204 usuarios para servizos como duchas ou lavandería. Igualmente, hai actividades como cine, rutas guiadas ou visitas a museos.
O alcalde fixo tamén mención dos convenios firmados con entidades sociais para atender a persoas e familias con poucos recursos e sinalou que a achega do Concello elevase ata os 7,2 millóns de euros. Desde o programa do cheque social (2,4 millóns) ou axuda no fogar (4,5 millóns), ata acordos con Vida Digna (45.000 euros), Banco de Alimentos (58.000 euros), Misioneros Enfermos Pobres (57.000 euros), Comedor da Esperanza (23.000 euros) ou AFAN (55.000 euros), entre outros.