Escoitar

A Escola Municipal de Artes e Oficios organiza unha xornada de portas abertas

Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, na EMAO, Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo realizarase unha xornada de Portas Abertas o venres 6 de abril dende as 10 horas.

xoves, 5 abr 2018
1522923801artesania.jpg
- De 10.00-12.00
CAIM Gaita: Demostración dos diferentes procesos de construción da gaita que está a realizar o alumnado
CAIM Zanfona: Demostración dos diferentes procesos de construción da zanfona que está a realizar o alumnado.
Serigrafía Artística: Exposición de traballos realizados no Taller e demostración de Aplicación de Serigrafía téxtil.

- De 12.00-14.00
Ourivería: Exposición de traballos realizados polo alumnado e demostración de aplicación de esmalte en húmido con esmaltes opacos e transparentes.
Artesanía en Coiro: Exposición de pezas de alumnado actual e antigo, e demostración de nove técnicas decorativas.

- De 16.00-18.00
Deseño e encaixe de palillos: Demostración de diferentes técnicas de encaixe que o alumnado do nivel Avanzado están a aplicar nos seus proxectos.
Talla e escultura en madeira: Demostración do proceso completo para a elaboración dunha plancha xilográfica. -
Moda e Confección: Exposición de traballos realizados polo alumnado e demostración da realización dunha peza incluíndo: patronaxe, confección e remate da peza.
Debuxo: Presentación e proxección de traballos realizados polo alumnado.

- De 18.00-20.00
Cerámica artística: Exposición de traballos realizados polo alumnado e visita á aula e presentación dos contidos da especialidade.
Pintura: Exposición de traballos realizados polo alumnado e visita á aula.

- De 9.30 a 12.00 e de 16:30 a 18:00, poderase visitar tamén a Biblioteca onde se exporán algúns dos exemplares máis antigos e curiosos que se conservan no fondo histórico.
Descargar todas as imaxes