Declaración institucional polo Día Internacional do Pobo Xitano
A sesión deste xoves do Pleno da Corporación deu lectura ao texto, unha declaración institucional promovida pola Fundación Secretariado Xitano co acordo dos tres grupos políticos con representación municipal. A concelleira de Políticas de Benestar, Isaura Abelairas, foi a encargada da súa lectura.
8 de abril de 2018, Día Internacional do Pobo Xitano
A Fundación Secretariado Xitano, como cada oito de abril, súmase a celebración do Día Internacional do Pobo Xitano. Unha data que recorda o Congreso Mundial xitano celebrado en Londres o oito de abril de 1971 no que se instituíron a bandeira e o himno xitano, símbolos dunha identidade cunha historia e cultura propia. Un bo momento para recordar ás nosas sociedades que o pobo xitano segue vivindo hoxe en día, en España e en Europa, unha cidadanía de segunda
A pesar dos avances sociais que se produciron nas derradeiras décadas, e a pesar dos pasos dados recentemente no recoñecemento institucional da comunidade xitana, os xitanos e xitanas seguen vivindo situacións de grave desigualdade, exclusión e segregación, respecto ao conxunto da cidadanía; continúan sendo o grupo social mais discriminado, tanto en España como na Unión Europea; e continúan excluídos dos procesos de participación social dos que desfruta o resto de cidadáns e cidadás en sociedades como as nosas. Desde os poderes públicos moitas veces danse respostas parciais, sectoriais e cortoplacistas a unha realidade que non ten en conta o valor da diversidade cultural e que non a recoñece como factor de desenvolvemento na sociedade. Falta abordar a cuestión xitana desde unha perspectiva integral de recoñecemento cultural, de dereitos e de cidadanía.
Fronte a persistente brecha de desigualdade que sofren as persoas xitanas no acceso e desfrute dos dereitos sociais básicos, como o dereito a unha vivenda digna, o dereito á educación, ou a un traballo e a unhas condicións laborais equitativas e satisfactorias, fan falla políticas que realmente protexan, promovan e defendan dereitos, tamén das minorías e dos grupos socialmente mais desfavorecidos; fronte ao crecente rexeitamento ao diferente e a discursos excluíntes que promovan prexuízos e estereotipos negativos e incitan á discriminación e ao discurso de odio cara determinados grupos, como as persoas xitanas, fai falta mais educación, mais sensibilización e mais aplicación da lexislación que garanta a promoción da igualdade e o dereito a non discriminación; fronte a dinámicas sociais que exclúen ou invisibilizan sistematicamente as persoas xitanas de procesos de participación cidadá e de recoñecemento cultura, fan falta políticas que favorezan espazos e canais de participación de persoas e grupos con identidades culturais plurais e diversas.
Para garantir o exercicio da plena cidadanía da comunidade xitana desde o recoñecemento a súa identidade cultural, é necesario, polo tanto, avanzar en paralelo en tres direccións: o acceso e goce en igualdade de condicións dos dereitos socias; a protección fronte a vulneración do dereito a non discriminación; así como o recoñecemento institucional da súa identidade cultural e a promoción da súa participación nas distintas esferas da sociedade, como cidadáns e cidadás, como xitanos e xitanas, poñendo en valor a súa identidade cultural e as achegas que ao longo da historia fixeron á sociedade.
O Día Internacional do Pobo Xitano, aínda sen ser recoñecido oficialmente en España, celébrase cada vez máis en pobos e cidades pola implicación e o compromiso de numerosas administracións, entidades e institucións, que recoñecen ao pobo xitano como parte inherente da nosa sociedade. É un bo momento, polo tanto, para reivindicar a diversidade cultura e o valor que aportan as distintas identidades culturais, plurais, diversas e dinámicas, que, como a xitana, conforman a nosa sociedade.
Pero tamén é un bo momento para pedir o apoio ao poderes públicos e a solidariedade da sociedade para avanzar, como o están a facer outros grupos ou colectivos mais activos ou con maiores apoios na sociedade, cara o recoñecemento duns dereitos económicos, socias e culturais que permitan aos xitanos e xitanas non só mellorar as súas condicións de vida, senón ser parte activa da cidadanía.