O Pleno reclama á Xunta un bus directo ao aeroporto como o que paga en Santiago
Presentada pola concelleira de Transportes, Ángeles Marra, a moción saíu adiante cos votos do PSOE e de Marea, e a abstención do Partido Popular. O Concello insta á Xunta de Galicia a tramitar o convenio comprometido co goberno de Vigo para a posta en marcha dun bus directo entre a cidade e o seu aeroporto, tal e como subvenciona en Santiago con 340.000 euros anuais.
No acordo adoptado exponse que a Xunta de Galicia leva sete anos subvencionando o transporte a Lavacolla desde Santiago, mentres que Vigo leva máis de dous anos agardando a que o goberno autonómico tramite o convenio de colaboración que xa fora acordado inicialmente co Concello de Vigo.
Segundo o acordo entre as partes, Vigo tería unha nova liña de autobús con parada nos principais puntos da cidade e nas estacións de tren, bus e ría e conexión directa co aeroporto de Vigo. Para a súa posta en marcha, a Xunta de Galicia abonaría 260.000 euros anuais.
Así, o Pleno aprobou hoxe "instar á Xunta de Galicia a que asuma as súas competencias e tramite o convenio co financiamento comprometido para a posta en funcionamento dun novo servizo de transporte ao aeroporto de Vigo, nas mesmas condicións que o convenio do aeroporto de Santiago".