Caballero denuncia que o Goberno incumpre o Pacto de Estado contra Violencia de Xénero nos orzamentos
O alcalde e presidente da FEMP censurou este mércores a eliminación da partida comprometida e insta ao Goberno a modificar o apartado. A FEMP, doutra banda, pedirá unha reunión con Facenda para que explique porqué nos PGE as CCAA verán incrementados os seus recursos en máis de 4.000 millóns e as Entidades Locais só en 224 millóns A Xunta de Goberno da Federación, finalmente, considera "inaprazable" negociar o financiamento local e a flexibilización da regra de gasto.