O Auditorio municipal programará 16 actividades durante os meses de novembro e decembro
xoves, 31 out 2013Oito actuacións para nenos e outras tantas para adultos conforman a programación do Auditorio Municipal que arranca o venres, 1 de novembro.
Oito actuacións para nenos e outras tantas para adultos conforman a programación do Auditorio Municipal que arranca o venres, 1 de novembro.
Vigópolis, a serie web con Vigo como protagonista, presentou este mércores ao seu elenco, unha vez rematado o casting, e o video promocional. No acto, coa participación de actores, directores e a presenza do alcalde, Abel Caballero, anunciaron que o luns comezan a gravar a serie no Quiñones de Leon.
A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza as xornadas "A arte ten xénero?", de introdución aos principais aspectos que relacionan xénero e creación artística.As xornadas desenvolveranse na sede da fundación (r/ Policarpo Sanz, 15-3º), os días 4, 5 e 6 de novembro, en horario de 19:00 h a 21:00 h, e a inscrición é gratuíta.
Este luns, 28 de outubro, ás 20:00 h, inaugurarase na planta primeira da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición "MULLERES BAIXO SOSPEITA. Memoria e sexualidade (1930-1980)", organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.
Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, proxectarase a película Ensayo final para utopía, do cineasta hispano-venezolano Andrés Duque, que no pase do venres será presentada por José Manuel López, profesor do curso de cine que actualmente ten lugar no MARCO.
A biblioteca municipal Xosé Neira Vilas ofrecerá un servizo de préstamo especial para usuarios con discapacidad motora grave que lles permitirá solicitar préstamos a través do teléfono. Así o explicou hoxe xoves o rexedor durante unha visita ao centro para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas.
A Concellería de Cultura e Festas colabora no 9º Certame de curtametraxe, documentais e animación SECUENCIA CERO, que se desenvolverá os días 24, 25 e 26 de outubro, no auditorio municipal do Concello (praza do Rei, 1).As proxeccións comezarán todos os días ás 19:00 h; a entrada diaria ten un prezo de 1 €, no despacho de billetes do auditorio.
200 dinosaurios animatrónicos camparán a partir do 31 de outubro no Ifevi, formando parte de Days of the dinosaur". Trátase, dixo o rexedor, dunha mostra que percorreu 50 cidades de todo o mundo e que trasladará aos seus visitantes á era Mesozoica.
Con motivo do Día Internacional dal Bibliotecas, o xoves 24 de outubro, a Biblioteca Publica Central de Vigo e a Biblioteca Pública Municipal Beira Vilas organizan unha serie de actividades dirixidas tanto ao público infantil, adulto e aos centros de ensino.
Este venres, 18 de outubro, ás 20:00 h, a Fundación Laxeiro (r/ Policarpo Sanz, 15) inaugura a exposición que compón a terceira entrega do ciclo Entre mares que, en colaboración con Collblanc, espai d’art de Castelló, leva, por terceiro ano consecutivo, posibilitando o intercambio de artistas de Galicia, que mostran o seu traballo na Comunidade Valenciana (no espazo Collblanc), e artistas valencianos que mostran o seu traballo na Fundación Laxeiro.