Escoitar

O alcalde eloxia a proposta de ocio educativo e divulgación científica de Phanomenta

Caballero participou este mércores na presentación de Phanomenta, desde hoxe e ata o 3 de maio no Centro Comercial Gran Vía. Esta mostra educativa, que chega a Vigo despois de pasar por 100 centros de toda Europa, invita ao público a interactuar con 13 actividades e comprobar o funcionamento das leis físicas da naturaza.

mércores, 23 abr 2014
1398254468via.JPG
Phanomenta é unha experiencia de ocio educativo presente desde hoxe no Centro Comercial Gran Vía, unha iniciativa eloxiada por Caballero, quen invitou á cidadanía a acudir e participar da mesma.

Phanomenta chega a Vigo tras realizar un percorrido por 100 centros comerciais en Europa onde persoas de todas as idades puideron participar desta experiencia, na que o primordial é aprender e comprender os fenómenos científicos dunha forma lúdica. Na presentación de hoxe participaron o xerente do Centro Comercial Gran Vía, Fernando Pinto, o xefe territorial da Consellería de Cultura, César Pérez, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Supervisadas e dirixidas por un monitor, A mostra ofrece un percorrido por 13 actividades diferentes nas que se invita aos visitantes a que comproben de primeira man como funcionan as leis físicas da natureza, como a gravidade, a velocidade ou o equilibrio.

O principal obxectivo de Phanomenta é chamar a atención dos visitantes e facelos partícipes dunha experiencia na que poderán aprender xogando e utilizando os cincos sentidos. Os experimentos científicos se poden "tocar", participar deles e así fomentar a súa comprensión a través dunha vivencia única e particular.
Descargar todas as imaxes