O Concello apoia os XVIII Xogos Olímpicos de baloncesto para persoas con discapacidade
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou a todo Vigo a achegarse o próximo sábado ás Travesas para disfrutar dos XVIII Xogtos Olímpicos de baloncesto para persoas con discapacidade. Unha xornada deportiva, organizada por Special Olympics Galicia e FADEMGA FEAPS Galicia, e promovidos pola Asociación SAN FRANCISCO, de Vigo, que reunirá a máis de 300 deportistas.
Máis de 300 deportistas con discapacidade intelectual participarán no XVII I Xogos Autonómicos de Baloncesto que se celebrarán o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo de As Travesas, en Vigo. Esta nova edición dos xogos, está organizada por Special Olympics Galicia en colaboración con FADEMGA FEAPS Galicia e promovida pola entidade viguesa SAN FRANCISCO. Durante a presentación, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou a toda a cidade a achegarse a esta solidario evento deportivo de gran importancia social.
En total, contará coa participación de 20 asociacións de toda Galicia que desprazarán a un total de 307 deportistas con discapacidade intelectual e 70 adestradores. Como é habitual nas xornadas deportivas organizadas por Special Olympics Galicia, o papel do voluntariado volverá a ser fundamental á hora de facer realidade este tipo de eventos deportivos, contando nesta ocasión con 60 voluntarios que apoiarán a deportistas e organización.
A xornada deportiva que terá lugar no Complexo Deportivo de As Travesas, inaugurarase ás 10:45 h. Finalizados os xogos, sobre as 19,00 horas, levarase a cabo a entrega do Premio ás Boas Prácticas no Deporte, destinado a enxalzar o comportamento daquela entidade que destaque pola súa deportividade e respecto ás normas e aos seus compañeiros. Cada entidade dispón dun único voto, que efectúa un deportista en nome de tódolos seus compañeiros. O premio, pretende valorar unha serie de boas prácticas entre as que se inclúen o cumprimento das normas, a nobreza na práctica deportiva, o xogo limpo e o compañeirismo, así como o predominio do sentido deportivo e o respecto a árbitros, voluntarios, delegados e compañeiros.
Na rolda de prensa de presentación, ademais dos concelleiros Manel Fernández e Isaura Abelairas, estiveron presentes o presidente de Special Olimpics, Eladio Fernández; o padre Carlos Ortiz, da Fundación San Francisco, e Marta Iglesias, en representación da Deputación.
Descargar todas as imaxes